Roberto Vilar

De Desgalipedia
Roberto Vilar
Robertovilar.jpg
Vas rir si ou si?
Nome completo Roberto Vilar Fernández
Nacemento Posiblemente 1971
Lugar Xove, Lugo Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Profesión Actor, humorista e presentador galego na Telegaita
Coñecido/a por traer a boa nova ó IV Reich Galaico.

Roberto Vilar foi un profeta chegado dunha galaxia lonxana moi lonxana... pra traer a boa nova ó IV Reich Galaico a principios do século XXI. En 2021 sacoulle o Luar ao Gayoso dende entón ten o camerino cheo de cantareiras.

Vida e obras[editar]

Nado na Galicia profunda e urbanita (un lugar así como Xove) foi educado por seu pai camareiro nas nobres artes reintegratas pero debido ó alcol de garrafón e que metían cal nas cuncas de Ribeiro foise deixando e non daprendeu nin tan sequera 3º de ciencioloxía.Roberto Vilar naceu dun paramecio e dunha ameba, ambos macrobios educárono no amor ás vellas, razón pola cal manexa ese tipo de humor e gosta de chamara a atención delas.

O pai farto del, meteuno nun internado, sen decatarse de que o metía no Seminario (antro comunista onde pervirten xoves mentes de humanos de sexo masculino pra convertírense en escravos sado do Papa) de onde o tivo que sacar contratando a Don Juán (un españolista asaltaconventos) da catedral de Mondoñedo, de alí foi trasladado a Lugo capital, onde foi vendido a unha señora que rexentaba un pequeno hotel a carón da muralla, alí aprendeu as malicias da hostalaría e da vida adulta, en canto cumpliu os 18 anos foi correndo a un puticlú pero non o deixaron entrar ao pensar que era mais pequeno do que desía, polo que foi denunciado á Gestapo local e enviado á TVG.

Os Tonechos[editar]

Durante o fraguismo a Telegaita fixo de Lubianka dos servizos segredos fraguistas, alí Vilar foi asignado ao directorio S e infiltrouse en varias asociacións pra espialas ou destruilas desde dentro (Asociación de Abducidos de Compostela, Pacifistas do Noroeste, Greenpeace, AGLP, AGE, Coto de Frade, etc) grazas aos seus servizos e dar dossieres moi completos debido ao seu control pra aguantar o sexo anal conseguiu fichar a moitos [email protected] e saber de qué cona ían; foi ascendido e déronlle un show no Luar xunto ao coronel Víctor Fábregas e o enlace Xavier Manteiga (que era o que repartía vaselina) xuntos artellaron Os Tonechos e conseguiron idiotizar á maioría do IV Reich galaico (menos a min a ti afortunadamente) collendio na súa rede de hipnotismo finsemanal a pepeiros, vellos, pailáns, urbanitas, universitarios e outros animais da Sociedade do Espectáculo.

Debido ó éxito comezaron a ter estréss, sobre todo cando conseguiron ter programa televisivo propio, debido a que Fraga se lle ía cada día mais a perola os directivos da CRTVG decidiron traerle ao noso heroe cantidades industrias de fariña de Colombia pra meterlla na dieta e así que non decaese o show e ningún galaico se decatase do que estaba a suceder, isto fixo que no programa se lles fora a olla a todos, e memso lles pagaron as putas pero Tonhito de Poi (un axente infiltrado do KaGeBen) desestruturounos desde dentro e fíxoos separarse tras varias noites brancas por Santa Comba adiante.

Tralos Tonechos[editar]

Debido a que Vilar ficou co mono tivo que seguir traballando na televisión (hai que comer todos os días) e conseguiu que lle deran varios programas de TV (Land Róber, Salta a la Vista, Entre familias anda o xogo, Vai ti saber, Cad día mellor, Ata que saia o sol, As preas morden) que non tiveron o éxito agardado, e iso que maquillaron todo os directivos pra que Alberto Núñez Feijóo non os botase na sima do Prestige.

Retonechos[editar]

Debido á crise económica de 2008, que ninguén tiña ideas novas, non traian guionistas de fóra e querían seguir mantendo a TVG como unha televisión só pra maiores de 50 varios directivos da CRTVG tentaron a Vilar, Fábregas e Manteiga con resucitar aos Tonechos, debido a que os dous últimos non aceptaron porque querían seguir outras vías creativas, Vilar fixo seu propio show tonecheril, a precuela dos Tonechos.

Neste show recauchutado dun éxito anterior situábase acción na vida anterior de Tonecho pai a formar súa esquizofrénica familia, así víase a Tonecho na nenez (interpretado por Martin Sheen Jr) adolescencia (Marcos Pereiro) e xa na madurez por el mesmo. Este show durou o bastante pra chegar a cubrir un 70% da súa xubilación pero debido a que gostaba da boa vida que tiña moitos inimigos durou pouco.

Tivo que abandoar a vida artística, de arte consumista polo arte esotérico meténdose na seita Igrexa satánica de Galicia á cal doou o seu chalet estilo SEMS e obtivo contacto co alén meténdose xa que logo a cantante pop na Santa compaña. desfíxose de toda a súa fortuna e despois meteuse a anacoreta aló en Samos ata que morreu de pulmonía en 2019.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Roberto Vilar.

Outros artigos[editar]