Rosa Díez

De Desgalipedia
Rosa Díez
Rosa Diez.jpg
Rosa Díez
Datos persoais
Lugar Sodupe, Euskadi
Organización UP's (dende 2007)
PSOE (até 2007)
Profesión Política

Rosa 10.1 é un puto robot españolista enviado polo laboratorio FAES do exército Red Ribbon para destruir pouco a pouco o doce fogar de Songoku, Galicia.

Vida e drogas varias[editar]

Rosa Diez foi creada nos altos fronos de Bilbo Bolsón de Higss polo doutor Nixon, aín da que ideada como clon cibertrónico de Stalin para poder conseguir os fins do socialismo (a ditadura do proletariado e logo o Comunismo total) debido a un corte de luz de Penosa quedouse nun robot de combate que debido a faltas de licencia Killerthem 666 do goberno de Franco foi vendida á Garda civil que a usou como secretaria pero debido a que vestía provocativamente foi enviada ao ministro de interior como roboto espía pero ao non saber tocar a dava guitar finalmente foi arrinconada nunha escura oficina do PSOE.

Pepiño Blanco tentou reconfigurar o seu cerebre psicotrónico pero cortacircuitoulle mal e voltou a súa contraprogramación stalinista polo que comenzou a construir checas en Madrid para os GAL (egos) sendo descubrida por Camilo José Cela que foi quen a derrotou mediante un combate singular de valetudo, tras varias kamehamehas Rosa Díez levavabas as de gañar pero CJC usou o seu truco de chuchar auga polo cu para expulsarllo logo a seu conduto enciclopédico fastidiándolle de golpe tódolos chacras. Rosa Rosita de Espanya foi enviada de novo a Bilbao para ver si a arranxaban, pero alí Patxi e seus homes tamén pasaban algo dela e finalmente non a deixaron presentarse a master de rol polo que ela se fugou do PPSOE convertíndose en Rosa Maxenta.

Debido a que Rosa Diez é un animal político non podía vivir sen partido orgánico, así que hipnotizou gracias á axitación e propaganda a varios intelectuais vascos non etarras, escritores gays antisociatas, cidadáns cabreados porque lles ensinen mais idiomas co castelán e socialdemócratas desnortados, tras varias orxías invocando a Deus Pai unificáronse baixo as siglas UPyD (Unión de Protestantes y Derechosos) baixo o liderato de Rosa Maxenta co fin de destruir o bipartidismo e abandoa o trono para que me sente eu.

Rosa Maxenta comezou unha capaña de agitprop mediante panfletos de Galicia Diglósica e anti PP-PSOE-PNV-CiU-ERC-BNG-OTAN-URSS-USA-ECA e claro tendo tantos non amigos rematou colleitando votos por todas partes e convertíndose na promesa da rexeneración democrática ate que o propio Partido UPyD tentou cambiar de líder a Rosa Maxenta enviou a todo seus rivais a un gulag en Castela a facer campos de golf, así mantivo o control sobre o partido e non levou a cabo a segunda Transición democrática española.

Tras varias misas negras Rosa Diez Maxenta obtivo o cargo de presidente do Reino de España convertíndoo no IV Reich Hispánico, ao que bautizou como URSI (Unión de Repúblicas Socialistas Ibéricas) cun férreo control a todos os niveis creo o novo homo sovieticus españó desterrando ao progre e promocionando o carpetovetónico.

Mediddas de Rosa Diez como gobernante[editar]

  • Crear España.
  • Desterrar, masacrar e sovietizar miles de galegos, cataláns, vascos e portugueses en campos de reeducación (onde os españolizou convertíndoos en amantes das corridas de toros).
  • Separarse da Unión Europea e crear a Unión Hispánica, no lugar de Bruxelas decidindo Madrid sobre América latina e outras anteriores colonias do Imperio Español.
  • Prohibir a propiedade pribada e pasar todo ao Estado, logo cos plans Quinquenais destruir á clase media e deixando existir só escravos soviéticos e mamebros do partido.