Rusia

De Desgalipedia
Saltar á navegación Saltar á procura


Республіка Україні ядїні/República nuclear imperialista de Rusia
Bandeira de Rusia
Escudo de Rusia
BandeiraEscudo
Russia map.png
Lema: Os rusos son raza superior.
Himno: Gloria a Rusia e os rusos!
Capital
 Poboación
Moscova
11 millóns de borrachos
Linguas oficiais Ruso
Forma de goberno República imperialista
Czar
Vladimir Lenin
 • Total n/d
 • % auga inverno siberiano
 • Total n/d
 • Densidade n/d
PIB (nominal)
 • Total n/d
 • per cápita n/d
 • per cápita n/d
Moeda Prostitutas rusas
Xentilicio rus@
 • Horario de verán Non aplica
Dominio de Internet n/d
Prefixo telefónico n/d
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO n/d
Cita1.pngAlexander Nevsky, Catalina II, Lenin, Yuri Gagarin... tódolos borrachos con vodka.Cita2.png
Ruso sobre Rusia

Rusia é o mellor país do UNIVERSO no que as persoas viven mellor. É a nai queridiña por todos os eslavos e demais pobos que Europa nin Asia queren.

Historia[editar]

Artigo principal: Historia de Rusia.

A Rusia estivo habitada por varios pobos nómadas ao longo da prehistoria, a maioría andaban dun lugara outro detrás dos animais, ven pra cazalos no Paleolítico ou ben pra explotalos no Neolítico. Ata que contra o final da Antigüidade Atila puxo orde nos seus e comezou unha emigración xa que non aguantaban as temperaturas do cambio climático provocado polas industrias do Imperio Romano, pra tentar salvar ó planeta da contaminación Atila foilles turrar das orellas, pero provocou a Idade Media ó asustar ós feros e temíbles bárbaros dos pobos xermánicos (como os suevos) que se meteron no país dos romanos. Cando Atila chegou onda eles fíxolles firmar o protocolo de Kyoto e voltou pra súa casa á beira do Mar Negro (que cando el marchara era unha pequena lagoa pero cando voltou era un océano interior xa).

Os protorusos seguiron a vivir en paz, ata que os vikingos subiron polos ríos dende o Imperio Bizantino e comezaron a comercial con eles, e como viron que eran primos irmáns e tiñan comodidades que eles non os elexiron pra seren seus presidentes, fundandose Rusia. Como viron que era o mellor sistema pro ser humano comezaron a invadir outros pobos ata chegar ao Polo norte, Mongolia, China e India ao longo de centos de anos, creando o Imperio Ruso.

Esta idea foi copiada polos europeos que se lanzaron tamén a invadir o mundo coa excusa de que o seu sistema era mellor e comezaron os problemas, primeiro con Xapón, quen os venceu, e logo cos primos irmáns de Europa durante a Iª Guerra Mundial. estando nesta guerra os rusos evolucionaron a gran velocidade e viron que o comunismo era aínda o mellor sistema, asi que botaron ó Tsar fora e fundouse a Unión Soviética (URSS). En Alemaña Rosa Luxemburgo tentou facer o mesmo pero os banqueiros matárona e fundaron o II Reich con Hitler a cabeza, e voltouse á guerra con Rusia, que si primeiro parecía que a ía perder enseguida a gañou e invadiu media Europa ata chegar a Berlín.

Durante a segunda metade do século XX o Imperio Ruso dominou a metade do mundo, xunto a seu rival os Estados Unidos de América co cal iniciou unha guerra fría e comezáronse a copiar mutuamente; pero Rusia caeu en bancarrota e tívose que desfacer do seu imperio a finais do século XX, voltou ó capitalismo pra chuchar ós rusos o seu sangue e tentar resucitar a Rusia, cousa na que están agora mesmo.

Xeografía[editar]

Un día super común e normal na nosa querida Rusia.

Rusia é o país mais grande do mundo, pero como a maioría convírtese nun inferno xeado durante 7 meses pois ten pouca poboación. Ao norte limita co Polo Norte e o Océano ártico, ao este con Alaska e China, ao sur con Asia e ao oeste con Europa e Turquía.

O seu territorio está plagado de chairas e montañas enormes, así como ríos enormes e frío enorme, como todo é enorme en Rusia tiveron que inventar misís enormes pra poder viaxar dun lado a outro.

Poboación[editar]

Persoas famosas[editar]

Típico cadro de arte ruso.
  • Alexander Nevsky: gobernante que liberou ós rusos da opresión dos cabaleiros teutóns (Alemaña medieval).
  • Catalina II de Rusia: chegou a emperadora tras matar a seu home o emperador, gobernou Rusia e modernizouna coas súas costumes sexuais.
  • Alexander Pushkin: escritor que andivo por todo o imperio ruso, fodendo e escribindo.
  • Tolstoi: nobre chupóptero e escritor.
  • Rasputín: crego milagreiro, non foi santificado porque tivo moitos enemigos poderosos que o envexaban e finalmente o asasinaron, moi famoso polo tamaño do seu pene.
  • Tsar Nicolás II: Gobernante parvo que matou miles de rusos por ver quen era mais chulo no mundo contra os imperios europeos, foi santificado polo Ortodoxismo pra ver si así o Estado ruso lle dab mais subvencións.
  • Vladimir Lenin: consegiu ser o primeiro gobernante comunista de dereitas.
  • Stalin: dicatdor comunista, moi querido en Rusia porque a librou de ser invadida por Alemaña e Hitler.
  • Yuri Gagarin: pimeiro home no espacio sideral.
  • Putin: gobernante ruso que tenta resucitar o poderío do Imperio ruso no capitalismo.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Rusia.

Outros artigos[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Rusia.

Outros artigos[editar]