Sócrates
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Sócrates (homónimos).
Sócrates. | |
---|---|
![]() | |
Información | |
Nacemento | Probablemente nunca.. Atenas, ![]() |
Falecemento | Seguramente algún día. Atenas, ![]() |
Nacionalidade | Grego antigo. |
Ocupación | Tocar os collóns. |
Sócrates foi un quentacabezas grego antigo, grazas ás malas compañías consegiu ser pai da filosofía occidental histórica e sobrepasar a prehistoria.
Vida e obras[editar]
Naceu nalgún lugar de Grecia, no seo dunha familia de clase media, que lle pagou os estudios pra que fose político ou xeneral, pero debido a que cando ía no instituto se xuntou con Arquelao, un profesor algo tarambaina que lle traía tabaco de contrabando de A Guarda e de paso lle daba libros prohibidos pola Inquisición española, grazas a eles Sócrates convirtiuse nun home e cando seu pai o invitou a putas no seu 18º cumpreanos, Sócrates fíxolles a declaración da renta e lles axudou a facer negocio propio e se desfixeran do seu chulo.
Vendo que o rapaz lles saíra un fedello seus pais casárono enseguida con Xantipa, o mellor partido do barrio e Sócrates foi un bo grego antigo durante unha época, participando na guerra contra Esparta e tendo mozos por amantes, porén o síndrome de Vietnam fixo efecto e Sócrates deixou á muller pola ensinanza nunha seita numérica e logo fixo súa propia seita onde invetou o "método socrático", baseado en facer preguntas inocentes e logo humillar ó rival con toda clase de argumentos retorcidos e así reclutalo pra súa seita.
Grazas a este método consegiu acostarse con tódolos rapaciños de Atenas, razón pola cal foi denunciado por Anito (un travelo que odiabaa Sócrates por soltarlle "Ai! se te vise teu pai...) Meleto (un xudeu helenizado que cando lle mentaron a Iavé lembrou tarde os dez mandamentos) e Licón (que era mari...) que grazas a que Sócrates era persuasivo pero non simpático conseguiron gañar o xuízo e Sócrates foi condeado a beber nun botellón e morreu pola gran cantidade de alcol metílico.