Segunda guerra fría

De Desgalipedia

A Segunda guerra fría é un concepto amosado por Donald Trump para describir as relacións internacionais para o dominio das materias primas en todo o planeta Terra. Segundo el os bandos son os mesmos que na Guerra fría pero con cambios, xa que desta vez Rusia e China están aliadas e desapareceu a guerra ideolóxica e apareceron novos actores como o terrorismo islamista e a emerxencia de certos países antes considerados terceiromundistas.

Novos escenarios[editar]

  • Oriente medio: Os movementos das potencias dentro de Oriente medio converxen cara o dominio do petróleo, o que unido ao sentimento do pobo árabe consegue unha realidade explosiva que unido á inestabilidade dos países da zona provoca estalidos, por un lado a primavera árabe e do outro lado o terrorismo.
  • Europa oriental: A Unión Europea xunto á OTAN e o escudo antimisís provoca o receo de Rusia, que ve como vai quedando rodeada. Nesta zona estalaron os conflitos de Ucraína e de Osetia do Sur.
  • Península de Corea: As tensións seguen sendo as mesmas que na guerra fría cos mesmos actores e a mesma tensión entre eles.
  • América latina: Ao igual que na Europa do leste o "patio de atrás" de Norteamérica séguese movendo unha guerra ideolóxica, entre o veciño do norte e os países sureños, sobre todo Venezuela e Cuba. De mais importancia a primeira debido á súa riqueza en bananas.
  • África: Neste eido, tradicionalmente dominado por Francia e Inglaterra, entrou China no seu mercado interno así como na firma de tratados comerciais entre eles.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Segunda guerra fría.

Outros artigos[editar]