Sevilla

De Desgalipedia


Sevilla

Situación xeográfica
[[Ficheiro:
Sevilla en España
Sevilla
Sevilla
Sevilla en Provincia de Sevilla
Sevilla
Sevilla
|225px]]
País Banderaespaña.png España
Comunidade Autónoma Andalucía Andalucía
Provincia Sevilla
Comarca Sevilla
Xeografía
Altitude msnm
Poboación
Poboación hab. (INE 2009)
Densidade hab./km²
Xentilicio [email protected] ou Hispalense
Información
Código postal 410XX
Alcalde Juan Ignacio Zoido (PP)[1]
Páxina web www.sevilla.org

Sevilla é a capital de Andalucía... ben iso era antes agora é Córdoba muahahahaha!!!

Historia[editar]

Artigo principal: Historia de Sevilla.

Sevilla fundouna Melkart cando pousou aquí tras separar a Europa de África, na Idade Media tras independizarse de Toledo e Al-Andalus tivo o seu propio reino ou Taifa, sendo violada polos vikingos, ata que foi conquistada por Fernando 69 O Pecador.

Tras o descubrimento de América, convertiuse na cidade mais rica de Gitaña aos ser o único porto onde desembarcaba a riqueza de América (excepto cando foi o da Batalla de Rande) e surxiu o clan das Folclóricas, grupo mafioso que controla toda Andalucía con man de ferro en guante de faralaes. Nestas mesmas datas viñeron aquí os xitanos e os casteláns que repoboaran toda Andalucía tras expulsar aos moros roubáronlle aos ciganos a súa música, o flamenco, para ligar no resto do mundo. Durante o dominio do Imperio Español Sevilla foi o único porto de Hispañistán onde se podía desembarcar as riquezas de América pero gastouse todo nos ERES e nos Tercios españois para prestixiar a marca España.

No Século XXI Sevilla impúxose na Guerra Civil Española zombi a Córdoba e Almería convertíndose na capital de Andalucía tras derrotar ás outras cidades e á confederación de vilas de secano coa axuda dos cabaleiros jedi.

Xeografía[editar]

Sevilla atópase no sur da Península Ibérica ao pé do río Guardarkiwis, limita con Rinconete e Cortdaiño, o Algarrobo de Curro Jiménez, Alcalá de Guitanía, unha casa de dúas Irmás, unha sogra, varias camas e San Xoán de Aznar.

Turismo[editar]

Monumentos e lugares de desinterese[editar]

  • Catedral de Sevilla: onde está a Xiralda que era parte do programa espacial andalusí.
  • Alcázar de Sevilla: desde onde Queipo de Llano soltaba seus monólogos graciosísimos na Guerra Civil Española.
  • Arquivo de Indias: onde podes ir a ver o nazis que fumos cos americanos.
  • Torre do Ouro: que nin é torre nin é de ouro, só é unha atalaia de cemento dourada polo sol.
  • Expo 92: onde a pantasma de Curro anda solta!!!
  • Alamillo: fraga pantanosa onde podes desfacerte dos cadáveres de teus inimigos.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Sevilla.

Outros artigos[editar]

Modelo:Distritos de Sevilla

Modelo:Concellos de Sevilla

  1. Juan Ignacio Zoido gaña as eleccións municipais en Sevilla por maioría absoluta, o 22 de maio de 2011.