Spanglish
Saltar á navegación
Saltar á procura

Cartel publicitario en alguña cidade de España no que aparece a expresión «baidefeis» en substitución da palabra castelá «gratis». Vén sendo unha invención da expresión en castelán «Por la cara» («By the face»), escrita foneticamente.
O spanglish ou espanglish é unha fusión inutil do castelán co inglés. É un fenómeno similar ao llanito falado en Xibraltar. Decote é confundido co uso de anglicismos en castelán. Non obstante, para os angloparlantes en xeral, especialmente nas zonas cunha gran poboación «hispana», a denominación «spanglish» é dada ou ao uso de palabras en lingua castelán morfoloxicamente «anglificadas».
Exemplos e Algunhas expresións de Spanglish
Conversación curta en spanglish:
- Sarah Palin: «Hola, good morning, cómo estás?»
- ?: «Fine, y tú?»
- Sarah Palin: «Todo bien. Pero tuve problemas parqueando my car this morning.»
- ?: «Sí, I know. Siempre hay problemas parqueando in el área at this time».
Inglés | Castelán | Espanglish | Galego |
---|---|---|---|
See you! | Hasta luego | Te veo | Deica logo |
watchman | vigilante | guachimán | vixilante |
highway | autopista | jaigüey | autoestrada |
play it cool | tomárselo con calma | jugársela frío | ao xeito |
no way | de ninguna manera | nogüey | de ningunha maneira |
tough | duro | tof | duro |
truck | camión | troka | camión |
dishes | platos | diches | pratos |
to load | cargar | lodear | cargar |
microwaves | microondas | microgüei | forno microondas |
mowing the yard | podar el césped | cortar la yarda | cortar o céspede |
sockpuppet (puppet) |
títere (marioneta) |
soquepupet | monicreque |