Star Trek

Star Trek é unha serie de televisión de ficción científica (con máis de 9000 episodios en total), dez películas, centos de novelas, videoxogos e outras obras de ficción sobre uns exploradores que buscan desesperadamente materias primas, sexo, drogas e combustibles xa que acabaron con todo iso no planeta Terra nos anos 60.
Índice
Historia
Star Trek foi plaxiado por un ianqui aos soviéticos irmáns Arcadi e Boris Strugastki, pero con mais sexo interracial e chistes de humor negro.
Comeza no século XXIII, os humanos grazas ao comunismo deixaron atrás as guerras e demais diferencias (tras un período ao 1984 de Orwell) e uníronse a outras formas de vida humanoides na Federación de Planetas Unidos, extendendo a civilización e o progreso por mais da metade da Vía Láctea. Nembargantes o mando da Flota Estelar quere saber que perigos potenciais hai mais alá do Cinto de Kuiper e da nube de Breogán, polo que envían as tres carabelas de Cristobo Colón a explorar o universo na dirección Sur-Suroeste con 14" de inclinación no espazo exterior e 300% de sudoración ao aproximarse a Alpha Centauri.
Razas
- Amigos
- Vulcanianos.
- Klingon.
- Ferengi: a veces amigos a veces non.
- Baku: provintes do planeta Azerbaixán
- Bolígrafos.
- Betazoides.
- Baxoranos.
- Denoburanos.
- Edos: unha especie de Cregos vestidos ao matrix.
- Metamorfos.
- Transformios: humanoides transexuais.
- Andorianos: provintes do planeta Andorra.
- Oriananos: son de cor verde,excepto a súa líder Oriana Méndez
- Romanos
- Risianos: especie de cubanos sonseros.
- Tribolianos: especie que só vive pra comer e foder.
- Veganos: si! xa me parecía a min que iso de comer só herbas era propio de extraterrestres!
- Inimigos
- Colectivo Borgh: ciborgs que tentan civilizar ao resto de culturas, algo así cpmo imperialistas europeos.
- Romulanos.
- Kardasianos: reptiles da familia Kardasian que tentan implantar a paz mediante as súas voluptuosas curvas militaristas.
- Especie 8472: uns alins en toda regla.
- Trills: humanoides cun gusano dentro co que conviven en armonía e se dan sexo mutuamente.
Franquicias
- Star Trek película do 2009: O capitán Kirk rompe co seu mozo e vaise co Señor Spock, isto provoca unha hecatombe cósmica xa que o ex de Kirk faise pasar por Hitler e obtén a bomba atómica.
- Star Trek H.M.S. pinaforte: Star Trek no século XIX no planeta Terra e pinando forte tal como seu título indica, os mariñeiros da Enterprise gobernan un clipper de guera do Imperio Británico ao mando dun capitán gabacho (¿WTF?) pasan por toda a costa do Océano Pacífico bebendo ron, violando nativas de Oceanía, secuestrando indíxenas para levalos como man de obra semiescrava a Australia, etc.
- Star Trek enterprise: precuela da serie orixinal dos 60. O tataravó de Kirk liá a pardísima cando os humanos están en negociacións cos vulcanianos e os klingons, mentres o protagonista tenta ligarse a TPol.
- Star Trek Voyager: nesta ocasión unha muller goberna a nave protagonista, debido a iso é mais tolerante e acaba metendo na tripulación a uns rebeldes e sumandolles a unha borg a eles, o malo son os sermóns que soltan cada dous por tres. Nun dos seus viaxes pérdense e baten coa sonda Voyager, nela descubren que o disco de ouro en realidade ten grabadas pelis porno con moito pelo e que iso provocou un malentendido cos romulanos.
- Star Trek DS9: o capitán Feito von Cisco debe viaxar un perigoso buraco de gusano a través do cal pode aparecer un gusano radioactivo xigante e paparse toda a vía láctea igual que unha folla de ensalada, asi que a serie é sobre un posto aduaneiro no que todo o mundo pasa por ali e deixa algo.
- Star Trek, nova xeración: o capitán Jean-Luc Godard goberna a nave Enterprise D, que en vez dunha nave militar semella un furancho; para decentar o lugar hai una robot humanoide paliducho chamado Data e un tataraneto de Kunta Kinte na sala de máquinas, ou sexa o fogoneiro... que malvados estos iankis! que é cegato e caba metendo katións nos depósitos de antimateria dos motores (Claro ó ser cego trabucouse) provocando un buraco de gusano enooooooorme.
- Star Trek, a serie orixinal: un puñado de iankis cunha muller negra, un ruso marica e un vulcano son lanzados aos espazo exterior para ir a ver se atopan especias, ouro, man de obra escrava, e algún que outro goberno ao cal chantaxear a cambio de toneladas de hidróxeno e antimateria, que son os combustibles do futuro.
Películas
No. | Título | Ano | Tripulación | Director |
---|---|---|---|---|
I | The Motion Picture | 1979 | Serie orixinal | Robert Wise |
II | The Wrath of Khan | 1982 | Serie orixinal | Nicholas Meyer |
III | The Search for Spock | 1984 | Serie orixinal | Leonard Nimoy |
IV | The Voyage Home | 1986 | Serie orixinal | Leonard Nimoy |
V | The Final Frontier | 1989 | Serie orixinal | William Shatner |
VI | The Undiscovered Country | 1991 | Serie orixinal | Nicholas Meyer |
VII | Generations | 1994 | Serie orixinal e a nova xeración | David Carson |
VIII | First Contact | 1996 | A nova xeración | Jonathan Frakes |
IX | Insurrection | 1998 | A nova xeración | Jonathan Frakes |
X | Nemesis | 2002 | A nova xeración | Stuart Baird |
XI | Star Trek | 2009 | Serie orixinal (novos actores) | J. J. Abrams |
XII | Into Darkness | 2013 | Serie orixinal (novos actores) | J. J. Abrams |
Sabías que...?
- ... os motores da Enterprise funcionana con Hidróxeno e antimateria para provocar reaacións moleculares que permiten explotar raios gamma que conducidos fan propulasar á nave?
- ... se utilizas o teletransportador sen coidado pode meterseche unha mosca canda ti nel e logo apareces medio mosca e humano no lugar elexido? Xa houbo casos como este.
- ... os escudos basados en campos electromagnéticos só fan que os misí enviados contra ela se desvíen e por iso se atacan toda a flota estelar acabaría desfeita polos misís desviados da nave compañeira?
- ... a maleta do Dr. Mackoy está chea de drogas recreativas e ambrosía?
- ... o sintetizador de comida en realidade recicla unha e outra vez as defecacións dos tripulantes?
- ... o láser dispara mocos radiactivos e non láser?