Tormenta

De Desgalipedia
Unha tempestade nalgún lugar do Mediterráneo.

Unha tormenta é un fenómeno meteorolóxico marcado por ventos fortes (como nos tornados e furacáns), treboadas, e precipitación forte - xeralmente, choiva, animais ou, nalgúns casos, neve; neste caso, a tempestade chámase tormenta de neve.

Estes meteoros teñen lugar cando se produce unha condensación significativa, resultando na produción de auga en estado líquido e cristais de xeo nun espazo inestábel da atmosfera. Poden ser particularmente destrutivas, tanto para o home como para os hábitats naturais.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Tormenta.

Outros artigos[editar]