Transnistria

De Desgalipedia

Modelo:Ruso


Pridnestrovskaia Moldavskaia Respublica
República Comunista da Transnístria
Bandeira de Transnistria
Escudo de Transnistria
BandeiraEscudo
Mapa de Transnistria.png
Lema: Porra! Aquí non é Moldavia!!!
Capital
 Poboación
Tiráspol
Linguas oficiais Ruso1


Romanés
Moldavo2


Ucraíno
Forma de goberno República non recoñecida sóamente por Putin
Independencia división de Moldavia tras a División da Unión Soviética
2 de setembro de 1990
Recoñecida unicamente por tres estados non membros da ONU 3
 • Total Unha peza de graxa en Moldavia. km²
 • Total n/d
 • Densidade n/d
PIB (nominal)
 • Total n/d
 • per cápita n/d
 • per cápita n/d
Moeda Rublo de Transnistria e Rublo ruso
Fuso horario Véxase en Moldavia
 • Horario de verán Véxase en Moldavia
Dominio de Internet n/d
Prefixo telefónico +Véxase en Moldavia
Prefixo radiofónico Véxase en Moldavia
Código ISO n/d
1 O ruso é o principal idioma oficial e a lingua vehicular.
2 Lingüisticamente igual ao romanés.
3 Só Abjasia, Osetia do Sur e Nagorno-Karabakh recoñeceron a súa independencia.
Cita1.pngTransnistria, el país Soviético que no conoces y podría ser un problema para Europa.Cita2.png
— sobre Transistria

Transnistria é un país euroasiático, consegiu a súa independencia de Rusia e Moldavia fai pouquiño e por iso non o coñece nin teu fillo nin lo din na clase de Coñe.

Orixe e historia[editar]

Inicialmente a Transnístria tiña ese nome porque era unha filial da Transilvania, un gran centro de exportación de vampiros rexido polo desapiadado Vlad III, o empalado.

Fai moito tempo a rexión comezou a ser habitada por pobos eslavos, que tiveron que convivir con outros tolos que pasaban por alí, os tártaros e ser veciños dos turcomanos; estas veciñanzas interétnicas non deu unha mistura debido a que cada un casaba con súa curmá, aínda que se deron algúns casos tipo Romeo e Xulieta, felizmente rematados en execucións públicas de ambos amantes.

Pertenceu por un tempo ao Imperio otomano, pero cansaron deles e os regalron ao Imperio Ruso.

Coa Revolución Rusa, Stalin chegou e abriu unha fronte para a expansión maligna do comunismo en Eurasia. En 1940, Stalin, seguindo un pacto de sexo con condón con Hitler, invadiu a Moldavia e de paso a Transnistria. Romanía nin reclamou, pois librándose daquel territorio, ía ter menos bocas para alimentar e dameias na rexión había un montón de etnias diferentes e era un avispadeiro.

Desde entón, aquel lugar converteuse nunha república comunista, mesmo despois da súa independencia, que gobernan con maioría nacionalistas e hai un sistema democrático, o que pasa é que non queren gastar cartos en anovar todo o tinglado institucional e así en vez de gastar miles de euros en mudar todos osescudos e bandeiras de sitios oficiais os gastan en dar de comer á súa xente.

Economía[editar]

A súa economía baséase na exportación de sangue para vampiros, maiormente pra Rusia e moito menos pros Estados Unidos de América, e por iso os poñen a parir (por iso e pra que Texas non colla mal exemplo e se lle vaía da Unión tamén).

Cultura[editar]

A cultura da Transnistria está moi ligada ós pobos eslavos, que habitaron esta zona e a encheron de mitoloxía caucásica, así como de monstros imposibles e xeitos estrambóticos de bailar, vestirse, construir igrexas...

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Transnistria.

Outros artigos[editar]