Tronista

De Desgalipedia
Tronista da Galicia profunda.

Un tronista é unha persoa de entre 20-40 anos, que viste de anuncio e ten unha vida sana, indo ao gym e tomando droga na discoteca. Algúns eran malotes nos 90 e digievolucionaron a metrosexual para acabar nisto para que así miña empresa de cosméticos e ximnasios poida medrar a costa túa MUAHAHAHAHAH!!!!!

Esta tribo urbana desapareceu a finais de 2020 debido á gran peste de ETS que os destruiu.

Morfoloxía e vestimenta[editar]

Para ser un bo tronista debes cumplir as medidas anatómicas designadas polo decreto 69/HH-2010 do goberno de Mariano Rajoy, polo cal se eres home debes medir mais de 1,70 e pesar menos de 80kg, se eres muller debes medir alomenos 1,78 e pesar menos de 60 kg.

Vestimenta tronista masculina[editar]

Estas musculocas soen vestir en plan macho ehpañó, todo axustado como se fose a estocar unha grana astada (nome co que se coñece ás tronistas promiscuas) e así visten pantalóns pitillos, camisolas de escote para amosar que non teñen peito lobo pero sí algún símbolo ocultista, camisteas sen manga para amosar o musculamen así como algunha tatuaxe de significado incerto.

Nos pinreles soen levar calzado deportivo, e cando van de fisnos calzado "italiano" (según eles) ou de chúpame a punta co fin de manter relacións fetish. A moda tronista foi fortemente apoiada polos medios de comunicación para que a xente gastase tods os cartos en ximnasio e textil e así meter aos homes a consumir tan forte como as mulleres.

Vestimenta tronista femenina[editar]

As femias tronistas soen ter un dogma na súa vestimenta... canto menos tea mellor!! Así soen ir sempre con vestidos de cóctel e cangadas de moita ferralla chinesa, minivestidos para que se vexa ben que son mulleres e non travelos, amosando contundentemente cu, tetas e pernas, aínda que últimamente tamén amosan o embigo co fin de que se vexa que elas tamén van ao ximnasio a facer abdominais; soen tatuarse menos e con motivos presuntamente femeninos comoa bolboretas, flores tóxicas, arcabuces, paxariños depredadores, xiringuiñas, etc.

Comparten códigos co macho tronista, xa que teñen igual cantidade de maquillaxe, roupa axustada, votar ao PP, embebedarse nos fins de semana (pero non bailan como Toni Manero!) gastarse o soldo en gym mentres viven na casa de seus pais, ir á biblioteca, consumir alimentos que según as revistas son sanos, etc.

Hábitat e modus vivendi[editar]

Soe habitar en chalés solitarios no rural, colonias habitacionais nas provincias madrileñas, aldeas poligonais de Valencia, cascos novos de cidades, etc iso si, ten que ter un garaxe para gardar o coche tuneado para que as gaivotas non lle fundan a chapa coas cagadas e poder saír marcando neumático.

Aínda que soe ter unha gran vida social con humanocitos da súa ralea, ás veces pode vérselle só vendo videoclips de Jean-Luc Godard ou acompañado dunha tronista de sexo femenino e ideas privadas. As mulleres tronistas son ir en mandas á procura das súas presas, cocaína e tronista macho cun emprego ben renumerado e a ser posible con iate custodiado por gaiteiros. A súa dieta cotiá baséase en produtos agrícolas orientais ricos, en farelo (o que sobra da fariña e teu avó lle daba reparo incluso darllo ós porcos) e moita proteína para conseguir auentar o tamaño das súas células musculares, esta dieta é abandoada de forma radical no FINDE, dos días nos cales alterna cocaína con alcohol como única dieta enriba dun plato de carallo ou cona.

Desgalería de Tronistas[editar]