Unión do Povo Galego

De Desgalipedia
(Redirixido desde "UPG")
Trunhez.jpg Aviso importante: A Desgalipedia é un sitio de humor.
Ninguén aquí lle importa a súa opinión política sobre Unión do Povo Galego e moito menos en quen votou nas últimas eleccións.
Non te preocupes, os seus adversarios políticos sufrirán as mesmas maldades que facemos de ti MWAHAHAHAHAHA!!!

Como ser divertido e non só idiota.
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Unión do Povo Galego
Partido Marxista nacionalista de Galicia.
Logo da UPG onde se ve o marxismo leninismo galego desta formación.
Dirixentes e organización
Líder Guillerme Vázquez
Mocidades Galiza boba.
Filiación internacional V Internacional
Historia
Fundación 1982
Posicións políticas
Ideoloxía Socialismo, Comunismo, Nacionalismo galego, Democracia, Europeísmo e contra o Pacifismo
Representación
Representación 123456789 deputados mercados no Parlamento de Galicia
26511513215 deputados no Congreso dos Deputados
666 concelleiros
Outros datos
Sede Santiago de Compostela

A Unión do PoVo Galego (con V de Victoria), ou UPG, ou a "U", é un partido político marxista leninista... pero nacionalista periférico!!

Historia da UPG[editar]

Todo comezou cando Bautista Álvarez abandonou o seminario de Ourense e xuntouse con outros mozos que tras descubrir as páxinas preguerraciviles de Vicente Risco descubriron o nacionalismo galego e despois viron que no Terceiro Mundo mesturaban Comunismo e Nacionalismo e como Galicia tamén tercermundista decidiron seguir ésa liña, aínda que algúns afirman que foi porque o axente soviético Brais Pinto lles pagou uns cantos peseteuros para marear a Franco e facer un comando postmodernista formado por Méndez Ferrín, Reimundo Patiño, Luís Gonçales Blasco e Xosé Antonio Arjona.

Esta célula de universalidade comezou a reunirse con outros mozos universitarios coma eles formando o Consello da Mocedade, pero Ramón Piñeiro lanzoulles varios submarinos petitbourgeois e tiveron que refundar a UPG a base de andar no castromil por toda Galicia, conseguindo xuntar a só 25 mozos contactando con algún que outro comunista tercermundista, xa que a URSS pasaba amplamente deles mentres editaban o "terra e tempo" decindo chorradas ideas socialistas para socializar ó país.

Comezaron a infiltrarse en varios medios para que Franco deixara de sacar emigrantes de Galicia para venderllos a Alemaña, as distintas células upegalas andaban repartidas entre Vigo, Madrid e México (onde case consiguen que Fidel Castro lles fora liberar a Galiza) non será ata a formación do seu movemento xuvenil que aumenta o seu número para logo facerse disidentes uns a outros, outros imaxinábanse en plan Sendero Luminoso no Courel e Moncho Reboiras comezou a visitar comisarías da Garda civil para que lles desen ferros, tantos que remataron con eles.

Na transición ao ir participar nas eleccións os españolistas emviaron a varios submarinos e así descompor o partido e abortar unións co partido socialista galego e PCE (reconstituido de tantos disidentes que había) debido a que ou xurabas a Constitución española de 1978 ou te baleaban o partido tivo que afirmala perdendo mais militantes para así que tódolos día da patria galega haxa varias manifestacións independentistas e cada ún polo seu lado.

Desde o principio foi o maior e estable alicerce do BNG grazas á súa disciplina maoísta e poñer a seus amigos en tódolos postos de pasta e así conseguir lealtades per secula enculorum de pringados como AMI, FPG, GCONL, APGC, etc, etc por iso nunca abandonará o Bloque (o día que o faga iste afúndese e autodisólvese en menos dun día...) desde a derrota tralo Bipartito galego e posterior división do nacionalismo a UPG tenta chamar a todos pra que volten á casa común.

As accións ordinarias da UPG[editar]

  • Elexir novo secretario xeral mentres Francisco Rodríguez segue manexando.
  • Formar cooperativas como fase pra socializar todas as relacións de producción.
  • Levar o comunismo ao campo.
  • Morte ao minifundio!
  • Fundar asociacións culturais para protestar por calquera cousa, que si un Prestige, que is un madereiro destrúe un castro, bah!
  • Convencer aos galegos de que quen está soterrado en Santiago de Compostela é Moncho Valcarce.
  • Crear disidentes e logo castigalos lendo os tochos das obras completas de Bautista Álvarez ou envialos ao campo a reeducalos en materia de marcos.
  • Aínda que sexan marxistas e patrióticos aceptan a empresarios, burgueses e cregos nas súas loxias.
  • Emitir comunicados en solidariedade con outros partidos comunistas doutros países e logos pasan deles.
  • Galegizar tódolos topónimos do planeta Terra (polo menos non os portuguesizan).
  • Obrigar a todo o mundo a falar en galego en Galicia.
  • Acoller a submarinos de Galicia Bilingüe.

Líderes da UPG[editar]

Francisco Rodríguez levando ao socialismo ós galegochineses.

Amiguetes[editar]

Enemigos[editar]

  • Paco
  • Chema
  • O chapapote (petroleo)
  • os fachas
  • Manuel Fraga
  • Francisco Vázquez
  • os borrachos
  • As casas de ladrillo visto
  • Os chalets
  • Cualquera casa diferente dun municipio
  • Os que non son coma eles, como Nacionalistas Galegos
  • Os cataláns, deixando maior
  • Os vascos licenza marcianos
  • Os asturianos por non unirse Galicia
  • España, por licenza Español
  • Pignoise (por cantar mal)

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Unión do Povo Galego.

Outros artigos relacionados[editar]