Ulf o Galego

De Desgalipedia
Ulf o Galego deshibíndose tras deixar atrás a súa Noruega natale chegar ó calor tropical galego.


Cita1.pngQuizais quixo dicir: Buff o lagartoCita2.png
Google sobre Ulf o Galego
Ulf o galego foi un Jarl(Earl) Lordomani que no século XI entrou en galicia e permanenceu dentro dela por uns cantos anos ata que marchou canso de tanta humidade e pepeiros.

Vida e drakkars[editar]

Nacido en Cagondioslasva(Noruega) fillo dun labrego habelencioso e dunha nai mandona, Ulf medrou con tódolos coidados esperados pra un neno vikingo, o primer día de nacer puxérono no alto do tellado pola noite pra que o vento cortante do norte o curtira a 6 graos baixo cero, xogar no patio do recreo con osos drogados con cocaína, lanzar penedos de 3 toneladas coa punta da priola,etc

Aos 6 anos participou no viaxe de recreo do rei Canuto a Inglaterra,alí saquea aldeas e viola frades, ao mesmo tempo que inventa o pincho moruno ao espetar a unn escravo andalusí contra unha lareira. Grazas ás súas tragadeiras fíxose amigo do fillo do rei e fixeron o Interrail xuntos por toda europa baleirando tódalas adegas dos mosteiros, con 13 anos tivo a súa primeira experiecia sexual, viu como a princesa de Constatinopla se fregaba os muslos contra o escudo de Tirante o Branco.

Cando chegou á súa casa seu pai falecera e como él non quería ficar na casa pro resto da súa vida convenceu de forma convinecente ao fillo do rei pra que ocupara seu posto dunha gran pedrada na cabeza e unha posterior violación que grabou en vídeo VHS e ameazouno con dar a coñecer o seu contido se non lle firmaba alí mesmo a súa renuncia e lle daba cartas de recomendación pros armadores vikingos de Dinamarca. Ulf marchou lá e atopou traballo como grumete nunha expedición a cargo dun tal Leif Erickson, xuntos chearon a Canadá, e ao ver a seria "Doutor en Alaska" decidiron que aqueles maricallas non valían a pena e voltaron de volta, decindo que mais alá do Mar Océano non había nada.

Tras esa gran expedición, que Ulf inflou con episodios da súa invención:como o asalto a unha nave imperial intergaláctica, como se enfrontou cun Dragón mariño, como fixo unha longametraxe acerca dun tiburón,etc déronlle un barco de guerra e varios transexuais pra que emigrara con eles pra onde ninguén quería ir meter as botas:Galicia.

=A súa chegada a Galicia[editar]

No ano 1028,o Reino de Galicia, Asturias e León estaba sumido nunha guerra civil pola loita dos territorios de Castela,varios aristócratas galegos erguéronse contra o Rei Bermudo III. O Conde Suero Gundemariz e outros cómplices erguéranse contra el e fortificáronse nos altos, nos montes e outeiros. Bermudo acudiu cun exército e refuxiouse na cidade de Lugo, desde a que presentou combates; na comarca do arredor os montes estaban tomado polos rebeldes, que fortificaran outeiros e cotos. Á fin o Rei puido vencer aos sublevados,obrigounos a virar de sexo e que vestisen cuecas de seda dental o resto das súas miserables e traidoras vidas.

Ulf chegou a Ortigueira e cando viu o festival colleu e queimou as naves, metéronse todos polo monte dainte todos bébedos e fodendo toda canta cona,cú ou buraco se puña por diante(que pra iso levaban cornos no casco oh!)cando bateron coas murallas de Lugo atopábase alí o rei Bermudo que ao velos mudou cor da cal e fuxiu cara o alto do Cebreiro, os lordomani sentaron e puxern postos de afiadores ao pé da muralla, algúns ligaron alí e casaron, a maioría botouse aos camiños a facer fortuna,en Sarria foron recaudadores de impostos do mosteiro, logo baixaron até Ribadavia,onde lles ensinaron a erguer castelos como Odín manda. Pero nesas estaban, tan pacíficos, que o conde rebelde ao rei Bermudas, Rodrigo Romániz os chamou pra que lle foran axudar contra duns vascóns que o rei leonés se deixara acantoados na parroquia de Labio(lugo) alí foron de novo e con diplomacia e verbas amorosas fixeron baixar aos bandidos que asoballaban aos veciños,logo leváronos con eles a un río e ofrecéronos en sacrificio aos elfos.

Ulf o Galego co seu grupo de música rock en Tui.

Logo baixaron a Chantada,onde axudaron nas obras de levantamanto dunha empalizada con troncos de eucaliptos marroquís, como viña o inverno e non tiña cona que botarse á túnica fóronse cara o mar,por iso da pesca que sempre ahi; e pactaron co bispo de Santiago de Compostela pra que lles deixase facer campamento en Abuín(Leiro,Rianxo),alí pescaban,comían landras,fodían xabalís e incluso protexían aos peregrinso contra dos asaltantes de camiños e dos posadeiros timadores(en plan Templarios enténdase pero sen ritos de castidade),sen saber que este negocio do sobreprezo dos hostais era un dos mais lucrativos pro bispo de Compostela, que foi cos seus homese os botou dalí.

Os Lordomani tiveron que seguir camiñando,pasaron por Vilalba,onde fundaron a tradición do capón do Día de Acción(festa tradicional vikinga consistente en facer rapiñas e violencias e celebrándoo ao final cun galo ben gordo,logo os luteranos o transformaronno día de acción de grazas),os veciños subíronse todos á torre e viron a ira nórdica como facía presa no lugar;conseguiron botalos fora tras lanzarlles centos de galos recheos con viño do malo e cando estaban durmidos os levaron en carro cara Mondoñedo.

Ao espertar tan lonxe voltaron tolos de carraxe e comezaron a facer pintadas vandálicas na catedral románica,e cortar narices de santos, abriron o sepulcro do bispo suévico Mailoc e o sazonaron estilo Lutefisk e papárono enteiriño;grazas aos poderes da momia de Maeloc foron teletransportados ao mosteiro de Armenteira,alí varios novicios abusaron carnalmente deles e Ulf puido fuxir a salvo co seu anus pretridentino, o restoda xentalla do drakkar xuntouse e como vinganza maricalla prendéronlle lume ó mosteiro cando estaban tódolos frades fora cobrando foros e trabucos ós labregos, o único que ficou dentro foi un tal Ero de Armenteira que andaba pensando nos Biosbardos e como sacarlles proveito lácteo ou frotícola.

Os piratas vikingos xa nn sabían pra onde tirar,metéronse outra vez pro Este seguindo o curso do Miño ou Baenís,en Padrenda case os queiman ao tomalos polo demo e os de Crecente deron en lanzarlles cócteles Molotov desde o castelo de Sendelle,seguiron subindo pra arriba,en Cortegada caíron por casualidá dentro dunhas pozas de augas termais e saíron dalí moi limpiños,razón pola cal conseguiron ligar coas mozas do entorno, e logo foron violados en masa polas monxas de Ramirás,nos canósn do Arnoia rubiron por Cartelle, onde atacaron a torre de Sande e inventaron o avión,seguindo río arriba chegaron ata Celanova,onde na oficina d eturismo os enviaron a visitar o sepulcro de San Rosendo. Ao ver o careto do santo grabado tal cal na tampa recoñeceu ó seu amor de xuventude ácrata e abrindo o sarcófago depositou un beixo de amor romántico e verdadeiro nos beixos comestos polos vermes facía 33 anos atrás, pero os monxes vírono e botárono dalí a capuchazos.

Ulf tivo que fuxir e como tiña moita fame eunha tripulación que alimentar comezou a parcticar alunizaxes contra dos muros castelos,mosteiros e pazos da contorna pra poder ter algo que comer, debido a estes crimes(xa ves ti roubar pan e uvas pra comer) comezou a ser perseguido pola policía autonómica,Ulf tentou acehgarse a Tui,pero alí aínda lembraban a San Olaf e lle deron gratis uns barcos pra que seguiran camiño abaixo, pero os barcos escangalláronse en canto entraron en contacto coas ondas do mar,asi que voltaron a terra.

Aproveitando o vello vial das calzadas romanas subiron cara o norte,pasando por Arcade(onde durante uns meses tiveron gran sona musical co seu grupo de música indie Arcade Fire e os seus concertos con lume en directo que destruiron a poboación)fuxindo logo cara Pontevedra, e xa ían chegar diante do apóstolo Santiago,patrón de peregrinos ,cando o bispo Cresconio os arrodeou co seu exército e os descuartizaron a todos. Todos?Non! Ulf puido fuxir cara Noruega disfrazado de comerciante xudeu e aló foi ondas as terras do seu pai, casou co fillo do rei e publicou as súas aventuras galegas en varios tomos que nin Martín Codax se leería.