Un

De Desgalipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Positive-negative numbers.jpg Este artigo fala sobre matemáticas e pode che axudar a obter boas notas na escola,
si prestar atención a estas cousas absurdas, irá no exame final!
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Un (homónimos).
1
Cardinal Un
Ordinal Primeiro
Propiedades matemáticas
Factorización N/A
Función totiente φ(1) = 1
Número de divisores τ(1) = 1
Suma dos divisores σ(1) = 1
Conta de primos π(1) = 0
Función de Möbius μ(1) = 1
Función de Mertens ‘‘M’‘(1) = 1
Outros sistemas de numeración
Sistema binario 1
Sistema octal 1
Sistema duodecimal 1
Sistema hexadecimal 1
Numeración romana I
Numeración exipcia <hiero>Z1</hiero>
Numeración grega Ι
Numeración xónica α´
Numeración chinesa
Numeración hebraica
Numeración armenia Ա
Numeración Āryabhaṭa
Numeración maia 1 maia.svg
Lista de números

0 1 2 3 4 5 6 7 8 9
0 10 20 30 40 50 60 70 80 90


Cita1.pngNow the world is gone, I'm just ONE!Cita2.png
Metallica sobre 1
Cita1.pngBaby you and I should be ONE!Cita2.png
Bee Gees cantando unha das súas cancións chamadas UN (One).
Cita1.pngSó pode haber un!Cita2.png
Highlander sobre 1.
Cita1.pngHUUUUUUUUUMMMMMMMMMMMMM!!!!!!Cita2.png
Reintegrata tendo 1 orgasmo.
Girl un.gif

Un ou 1 é a unidade unitaria universal e de singularidade única que vén despois do 0 e antes do 2, que vén antes do 3. É dicir, un, ou hummmmm (tamén coñecido como 1) é uno e só pode ser un, logo, 1 non pode ser 0, nin 2 nin 3 nin 4. Porén existe o 1 negativo (-1) que, dependendo do seu concepto, raza, relixión, tamaño de zapatos e frecuencia de cheiramento de gatiños ou té de cogumelos, tamén pode ser chamado menos un (-1) ou menosprezado. A xente cando veñen ou escoitan 1 xa imaxinan o un positivo (+1), pero o sinal é prescindible, xa que, como dixen antes, o menos un é menosprezado.

Historia[editar]

O número 1 expresa a cantidade de algo só. Súa concepción vén das raíces grego-romanas, e ten como o seu creador o filósofo Platón que diría: Un home só coñece a paz cando recoñece que é un e non un exército. Moitos anos despois, outros filósofos tentaron copiar ese número, creando o número 2, 3 e así por diante, pero eles tiveron que aceptar que por ser máis antigo, o número 1 debería ser o primeiro.

No Consello de Phateus, na rexión de Ilísia, sur de Sicilia e actual Aquimena en Italia, foron discutidos os valores que serían agregados a ese número. Pilatos ofrecería 10 ovellas polos dereitos dese número, porén, César, "O desapiadado", rexeitaría súa oferta, alegando que Roma precisaría do número 1 para prevalecer sobre outras dinastías.

Durante o medievo, os reis apoderáronse do número 1, e multiplicáronse el por 1, porén o número 1 prevaleceu. Durante a inquisición, padres católicos indexaram o número un no Libro dos Pecados e profanaran o singular número durante anos.

En 1643, Isaac Newton realizou experimentos con tal número, e con un acelerador de partículas atómicas intentou dividir tal número, recoñecendo a si un fracaso. Só en 1768, en Austria que Von Richtoffen conseguiu asimilar ese número e sumando creou outro número. A partir de aí, convencionou-se en dicir que 1 máis 1 é igual a 2. Os outros números pasaron a ser descartados, xa só con este número podería chegar ao infinito.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Un.

Outros números enteiros[editar]