Unicornio rosa invisíbel

De Desgalipedia
Ela existe!
Cita1.pngOs unicornios rosas invisíbeis son seres de grande enerxía espiritual. Sabémolo porque son capaces de seren á vez rosas e invisíbeis. Como todas as relixións, a relixión da Unicornio rosa invisíbel baséase na lóxica tanto coma na fe. Temos fe en que os unicornios son rosas; e pola lóxica sabemos que son invisíbeis, xa que non podemos velos.Cita2.png
Steve Eley sobre unicornio rosa invisíbel

O Unicornio rosa invisível (URI en idioma klingon) é unha deusa que existe desde o principio dos tempos e do espacio, apareceuse por vez primeira ao varios pastores no século XXXXVIII A C. pero non foi ata o XXL que se lle apareceu ao gran profeta Raspujieff que non se deu a coñecer ao resto do mundo (porque ela é moi humilde e non unha prepotente como ese Deus dos xudeus ou Iavé).

Existencia milegareira e actos de fe pra iñorantes feridos e duros[editar]

Xente que non cre no unicornio rosa invisible.

A Gran unicornio rosa e invisible, Benditas Sexan As Súas Sagradas Pezuñas, é un gran ser dun gran poder espiritual pero con actuacións neste mundo (e no outro) que che pode traer uha gran felicidade e riqueza a ti se ti cres nel (idispensable e tamén facer unha doazón ao autor deste artigo...). A Paz Sexa Con Ela e nos guíe polo camiño da paz e da guerra xusta antes da Fin do Mundo e Que As Súas Pezuñas Nunca Sexan Ferradas porque ese día significará a chegada do Antiunicornio invisível e porá suas fedorentas mans no destino do universo.

Efectos de rezarlle a ela con moita fe[editar]

Como a xente visualiza o unicornio rosa invisible tras beber en compañía a botellóns.

Se lle rezas todo os días algunhas das oracións do Ciprianillo seneguida oberás os seguintes dons:

  • Teu xefe será magnámino contigo e mesmo se es un bo devoto che agasallará coa empresa pra ti.
  • Teu mozo levarate mais de paseo e a resturantes románticos.
  • Medrarache o carallo.
  • Teus fillos serán superdotados (pero non parvos como Sheldon Cooper) e sacarante de traballar.
  • Gañarás a lotería todos os meses.
  • Todos os homes botaránseche a teu cu.
  • Sairás na portada da revista Time.
  • O emperador querrá ser amigo teu.
  • As mulleres querrán facer orxías contigo.
  • [email protected] os frikis desexarán ter un poste teu na súa habitación, ou polo menos ofrecerche sexo gratis.
  • O cacique de túa cidade querrá aparecer nas fotos sempre a teu lado.
  • Gayoso tentará que vais ao Luar cada venres.

Desgalería de imaxes de unicornios rosa invisibles[editar]

Sabías que...?[editar]

Unicornio rosa otaka.jpg
  • ... creou o mundo en 1 hora, 2 minutos e 3 segundos?
  • ... é rosa e invisíble á vez?
  • ... o Papa non quere que se sepa da súa existencia porque senón seráa fin do seu imperio?
  • ... coucea a Xesús de Nazareth, a Virxe María e Alá xuntos á vez?
  • ... Buda a seu lado é un novato de Hogwarts?
  • ... inventou o Reiki pra que calquera pailán poida curar de cancro a outros moitos pailáns?
  • ... Friedrich Nietzsche foi parido por ela, a benfeitora unicornal que todo o ve?

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]