Verín

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Verín (homónimos).
Verín
Escudo de Verín
Verinfriki.jpg
Así comezou a xistir Verín...
Situación
Situacion Verín.PNG
Xentilicio[1] Verín.
Xeografía
Provincia Ourense
Comarca Verín.
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
elección dixital
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Verín é unha megalópolis da Galicia profunda, en breves será capital da súa propia provincia cando verín faga conurbación con Xinzo de Limia e A Gudiña.

Verín foi fundada dúas veces, primeiro polo rei Afonso O Galicoso (pero os monxes de Celanova fixeron folga de rosarios e o rei desfíxoa) e logo séculos mais tarde cando o fidalgo que puxo o seu pazo aquí(o que hoxe é a casa do escudo) necesitaba ter algúns miles de escravos agrícolas para poder manter o seu nivel de vida e traficar con armas con Chaves a cambio de putas.

Historia de Verín[editar]

Os Fidalgos da zona dominaban o comerio de armas e a Inquisición española.

A zona do concello de Verín foi habitada polos Tamaganos, un antigo pobo chegado de vai ti saber onde (según os últimos estudos proviñan do planeta Kripton) e fixeron na bisbarra seus castros para dominar o tráfico comercial do río Támega e así civilizar o lugar que estaba deixado da man do Demo.

Cara o cambio de Era o Imperio Romano meteuse polo val adiante e cando chegou aquí cagaron patatillas ao ver os machotes que eran seus habitantes. Polo que se iniciou a Guerra romano tamagana na que ao final os putos romanos tiveron que firmar un pacto comercial ventaxoso cos castrexos da bisbarra e así seguiron cara arriba (seica ían visitar a Santiago de Compostela). E a cidade romana de Chaves fíxose co control da zona, ata que veu a crise da Antigüidade que durou varios séculos dando lugar á Idade Media, cando os Suevos viñeron poñer orde e fundaron o primeiro reino europeo.

Daquelas Verín só era unha beira do río, un infecto pantano onde os galegos da época ían practicar ritos blasfemos en honor a Cthulhu e Bandua facendo sacrificios humanos nas beiras para que as colleitas de marihuana sairan ben ata que as súas almas foron salvadas polo Reino Suevo, que cristianizou estas xentiñas, pero debido á caída deste reino e posterior guerras e guerrillas e a chegada posterior de sureños á zona ao final a fama da cristianización do lugar xa levaron os de Celanova, que estableceron o seu imperio por estos lares para que os labregos traballasen para eles así que cando o rei Afonso VII quixo fundar aquí unha poboación para protexer estos campos das razzias do reino de Portugal. Os monxes dixéronlle que nanai naranjas de la China! O pouco que se construira foi desfeito e isto seguiu a ser un pantano infestado de cancadrilos e anguias atómicas.

Verín na Idade Contemporánea[editar]

Verín atacado na Terceira Guerra Mundial.

A cidade de Verín foi (re)fundada por Vicente Risco II (administrador da duquesa de Alba no século XVII) co fin de dar pousada á guarnición da base militar españolista de Monterrei, desde a cal miles de Galegos tentaban facer que Portugal deixara de de oprimir a Galicia do Sur no século XVIII.

Trala derrota da Guerra de Independencia portuguesa o lugar foi abandoado ó as administradores dos condes, asi que éstes practicaban razzias polas aldeas veciñas para poder sobrevivir, esta supervivencia foi parodiada polos labregos a través dos seus entroidos, creando os peliqueiros.

No século XIX liouse a parda en Gitaña. Os reis andaban a ostias entre eles así que veu Napoleón Bonaparte a poñer orde e nesas estaba cando os ingleses entrou por Lisboa para fastidiar aos gabachos, pero como éstes eran mais heteros cos británicos vencéronos na primeira batalla e os ingleses comezaron a fuxir cara A Coruña.

Así iniciouse a invasión de Galicia polo exército francés, tras expulsar aos anglosaxóns decidiron ficar a civilizar o lugar e limpalo de talibáns ata que descubriron que o Marqués das Romerías andaba por Ourense cun tercio do exército español así que o exército francés foi detrás del, cruzou as provincias de Pontevedra e Tui e subindo polo Miño cruzou a ponte romanesca de OUUUUU e baixou cara o castelo/campamento de Monterrei. Vendo isto o Marqués dos Calamares a la Romana decidiu fuxir cos restos do seu exército mentres os civís apenas armados con escopetas, trabucos, carabinas, misís intercontinentais, carros katiuskas, Ak49s, bazookas, etc. Andiveron a facerlle a Guerra do Francés ao exército francés porque o exército espagnol andaba de Botellón. Tras desfacerse dos gabachos houbo que recuperarse das desfeitas da guerra.

Estampa de Verín, onde podemos ver como Jiménez Morán vence ao Baltarismo!!!

Aínda que na Restauración borbónica Verín tivo durante 15 veces ao mesmo deputado (Luis Espada, da facción de Saturnino Álvarez Bugallal) non conseguiu ningunha mellora, as clases altas do lugar mesmo conspiraban pra que Verín seguise atrasada (mataron ó enxeñeiro do tren que debía pasar por aquí). Por iso o Capitalismo(maná do ceo) tardou tanto en chegar aquí...

No século XXI foi invadida por Lisboa e seus roubadores de gando, pasando a formar parte de Alenminho, converténdose na capital da provincia, legalizando por fiun o tráfico de armas nesta zona, converténdose nun dos maiores exportadores de armas atómicas.

Xeografía[editar]

Atópase nunha meseta entre varias cadeas volcánicas que fan surxir ríos subterráneos que dotan á cidade de Verín de grande xardíns colgantes e que teña a maior flota fluvial mundial.

Clima[editar]

O clima é suboreal ártico polo que os humáns de aquí viven en iglús no inverno e cabañas de bambú na primavera (xa que o verán aquí non existe) debido á deforestación practicada polos Madereiros o lugar vése afectado pola invasión de miles de lemmings que atacan aos humáns co fin de sobrevivir coméndoos.

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Verín
Ábedes (Santa María) | Cabreiroá (San Salvador) | Feces de Abaixo (Santa María) | Feces de Cima (Santa María) | Mandín (Santa María) | Mourazos (San Martiño) | Pazos (San Fiz) | Queirugás (San Bartolomeu) | Queizás (San Pedro) | A Rasela (Santa María) | Tamagos (Santa María) | Tamaguelos (Santa María) | Tintores (Santa Cristina) | Verín (Santa María a Maior) | Vilamaior do Val (Santiago)


Lugares de Verín[editar]

Patrimonio e lugares de interese[editar]

Bébedo do deus Dionisos cun gay en Verín.
  • Base militar de Monterrei: castelo desde o cal os mouros tentaron que Galicia do Sur fose independente de Portugal.
  • Peliqueiros: entroidada pola cal s labregos lle facían mofa aos seus políticos e señores.
  • Comercio de Armas: debido á 4ª enmenda da Constitución dos Estados Unidos de América, todos os verinenses poden portar armas de fogo e celebran o seu dereito a base de comerciar con elas sen que ningún Estado opresor interfira para poderen defenderse ante calquera posible tiranía.
  • Casa do Escudo:antiga loxia illuminati.
  • Mourazos: onde Dioniso facía seus botellóns, alí invitaba a Arthur Machen, H. P. Lovecraft, etc.

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Verín vexa: Lugares de Verín.

Desgalería de imaxes de Verín[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Verín.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Concellos da Comarca de Verín
Comarca de Verín
Castrelo do Val
Castrelo do Val
Cualedro
Cualedro
Laza
Laza
Monterrei
Monterrei
Oímbra
Oímbra
Riós
Riós
Verín
Verín
Vilardevós
Vilardevós
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Ourense Bandeira de Ourense.png
Provincia de Ourense en debuxo.jpg
Allariz - Amoeiro - A Arnoia - Avión - Baltar - Bande - Baños de Molgas - Barbadás - O Barco de Valdeorras - Beade - Beariz - Os Blancos - Boborás - A Bola - O Bolo - Calvos de Randín - Carballeda de Avia - Carballeda de Valdeorras - O Carballiño - Cartelle - Castrelo de Miño - Castrelo do Val - Castro Caldelas - Celanova - Cenlle - Chandrexa de Queixa - Coles - Cortegada - Cualedro - Entrimo - Esgos - Gomesende - A Gudiña - O Irixo - Larouco - Laza - Leiro - Lobeira - Lobios - Maceda - Manzaneda - Maside - Melón - A Merca - A Mezquita - Montederramo - Monterrei - Muíños - Nogueira de Ramuín - Oímbra - Ourense - Paderne de Allariz - Padrenda - Parada de Sil - O Pereiro de Aguiar - A Peroxa - Petín - Piñor - A Pobra de Trives - Pontedeva - Porqueira - Punxín - Quintela de Leirado - Rairiz de Veiga - Ramirás - Ribadavia - Riós - A Rúa - Rubiá - San Amaro - San Cibrao das Viñas - San Cristovo de Cea - San Xoán de Río - Sandiás - Sarreaus - Taboadela - A Teixeira - Toén - Trasmiras - A Veiga - Verea - Verín - Viana do Bolo - Vilamarín - Vilamartín de Valdeorras - Vilar de Barrio - Vilar de Santos - Vilardevós - Vilariño de Conso - Xinzo de Limia - Xunqueira de Ambía - Xunqueira de Espadanedo