Vilardevós

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vilardevós (homónimos).
Vilardevós
Escudo de Vilardevós
Vilardevosina.jpeg
En Vilardevós, os indíxenas de aquí non pasan frío.
Situación
Situacion Vilardevós.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Ourense
Comarca Verín.
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
elección dixital
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: VilardeBossCita2.png
Google sobre Vilardevós

Vilardevós é un concello da fronteira galega, foi tentado conquistar por Portugal e Estados Unidos de América pero ao final o que se levou estas terras foi o cacicato de Verín.

Vilardevós limita con Galicia do Sur e Gitaña, ao norte con Rusia, ao este con Chindia e o postasol con Irlanda. Enormes túneles subterráneos cruzan esta fronteira por onde s emoven sen que o saibamos un par de misiles nucleares intercontinentales nos subterráneos do Pacto de Varsovia para protexer a ese homo sovieticus de todo mal.

Historia[editar]

Aquí deuse a batalla de Florderrei Vello.

Vilardevós foi fundada por Vós, un guerreiro mago que veu pasar entre estas montañas seus últimos días antes de entregar súa alma a Niarlathotep pero como apañou unha monxa fuxida de Trasmiras deron en ter moitos fillos e así se pobou isto, aliáronse co Reino Suevo pra conquistar toda a Península Ibérica ao Imperio Romano e de non ser os visigordos e seus feitizos haberían mandar agora en Madrid.

Na Idade Moderna Vilardevós foi atacado polo rei de Portugal (que quería agrandar suas posesións da Galicia do Sur) sendo expulsado polas milicias do Conde de Monterrei. Na Guerra contra o francés os curas e fidalgos iniciaron unha loita baseada no terrorismo contra os gabachos de Napoleón Bonaparte que quería implantar o costume da felación nestas terras e outras modernidades polo que finalmente os talibáns españois o expulsaron (coa xuda de Inglaterra e Portugal xa que o exército español andaba fuxindo co marqués das romerías).

Debido a o cambio climático provocado polos peidos de metano das vacas do lugar os cultivos fóronse indo ao carallo polo que a xente tívose que meter a facer contrabando e fuxir da Garda civil para poder comer, no 36 fuxiron uns cantos liberales e progres por esta raia e debido a iso Galicia ficou baixo o poder de Francthulhu durante 40 anos e logo outros tanto baixo control da familia Bourbon e seus bufóns chuchando á xente mentres ésta miraba como aparvados para a televisión gitañola e Telahínco.

Xeografía[editar]

Mapa auténtico de Vilardevós.

Atópase nalgún lugar recóndito e agochado da Galicia profunda habitado por bravos machotes que suben a Florderrei vello a harmonizar o Qi universal e así nada malo pase á poboación.

A serra de tetas libres articula esta zona en torno ao cinturón de seguridade anti-Lisboa da cal baixan enormes regatos que alimentan a terra calcínica do lugar ou van dar simplemente ao mundo dos Mouros.

Economía[editar]

Os humanos desta zona viviron durante moitos anos do gando e da terra, extraendo petróleo de Soutochao e opio de Tomonte, o turismo veu atraído polas Penas Libres onde se pode practicar todo tipo de perversións sexuais ao aire libre.

O seu PIB provén nun 70% do comercio ilegal de armas, o 10% do autoconsumo agrícola baseado en hortalizas e plantas forraxeiras que alimentan o gando, que supón un parco 3% e suxeito a restriccións por parte da Unión Europea o que supón un atranco á economía galega para provocar que os galegos emigren a países industrializados como man de obra escrava o que supón a despoboación de Vilardevós e a quebra da súa economía e súa cultura, o que leva a unha situación de suicidio cultural.

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilardevós
Arzádegos (Santa Baia) | Berrande (San Bartolomeu) | Enxames (San Xoán) | Fumaces e A Trepa (Santa María) | Moialde (Santa María) | Osoño (San Pedro) | Santa María de Traseirexa (Santa María) | Soutochao (Santa María) | Terroso (Santa Cruz) | Vilar de Cervos (San Vicente) | Vilardevós (San Miguel) | Vilarello da Cota (Santa María)


Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Vilardevós.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Concellos da Comarca de Verín
Comarca de Verín
Castrelo do Val
Castrelo do Val
Cualedro
Cualedro
Laza
Laza
Monterrei
Monterrei
Oímbra
Oímbra
Riós
Riós
Verín
Verín
Vilardevós
Vilardevós
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Ourense Bandeira de Ourense.png
Provincia de Ourense en debuxo.jpg
Allariz - Amoeiro - A Arnoia - Avión - Baltar - Bande - Baños de Molgas - Barbadás - O Barco de Valdeorras - Beade - Beariz - Os Blancos - Boborás - A Bola - O Bolo - Calvos de Randín - Carballeda de Avia - Carballeda de Valdeorras - O Carballiño - Cartelle - Castrelo de Miño - Castrelo do Val - Castro Caldelas - Celanova - Cenlle - Chandrexa de Queixa - Coles - Cortegada - Cualedro - Entrimo - Esgos - Gomesende - A Gudiña - O Irixo - Larouco - Laza - Leiro - Lobeira - Lobios - Maceda - Manzaneda - Maside - Melón - A Merca - A Mezquita - Montederramo - Monterrei - Muíños - Nogueira de Ramuín - Oímbra - Ourense - Paderne de Allariz - Padrenda - Parada de Sil - O Pereiro de Aguiar - A Peroxa - Petín - Piñor - A Pobra de Trives - Pontedeva - Porqueira - Punxín - Quintela de Leirado - Rairiz de Veiga - Ramirás - Ribadavia - Riós - A Rúa - Rubiá - San Amaro - San Cibrao das Viñas - San Cristovo de Cea - San Xoán de Río - Sandiás - Sarreaus - Taboadela - A Teixeira - Toén - Trasmiras - A Veiga - Verea - Verín - Viana do Bolo - Vilamarín - Vilamartín de Valdeorras - Vilar de Barrio - Vilar de Santos - Vilardevós - Vilariño de Conso - Xinzo de Limia - Xunqueira de Ambía - Xunqueira de Espadanedo