Winston Churchill
![]() |
Aviso importante: A Desgalipedia é un sitio de humor. Ninguén aquí lle importa a súa opinión política sobre Winston Churchill e moito menos en quen votou nas últimas eleccións. Non te preocupes, os seus adversarios políticos sufrirán as mesmas maldades que facemos de ti MWAHAHAHAHAHA!!! Como ser divertido e non só idiota. |
Winston Churchill | |
---|---|
Churchill1.jpg | |
Winston Churchill | |
Período | 10 de maio de 1940 27 de xullo de 1945 |
Sucesor | Clement Attlee |
Período | 26 de outubro de 1951 7 de abril de 1955 |
Sucesor | Anthony Eden |
Ministro de Facenda do Reino Unido | |
Período | 6 de novembro de 1924 4 de xuño de 1929 |
Sucesor | Philip Snowden |
Datos persoais | |
Nacemento | 30 de novembro de 1874 |
Lugar | Oxford |
Falecemento | 24 de xaneiro de 1965 |
Lugar | Londres |
Organización | Partido Conservador (1900-1904, 1925-1964) Partido Liberal(1904-1924) |
Profesión | Político, militar e escritor |
Winston Churchill foi un xornalista e primeiro ministro do Imperio Británico.
Traxectoria[editar]
Mocidade[editar]
Winston Lucky Leonard da Vinci Spencer Tracy Churchill naceu na familia dos Condes de Sithley, foi enviado a Hogwarts onde se doctorou en relacións homoeróticas e darwinismo social, ao fin da infancia pasou a Oxford onde aprendeu a escribir. Pra ter algo mais que meter no seu currículo quixo ir ver mundo e meteuse nun xornal para que o enviassen ao corazón das tebras, pero enviárono á Guerra de Cuba onde os recén nacidos Estados Unidos de América mallaron a gusto no Imperio Español. Winston conseguiu saír vivo e sen un balazo nin sífile de Cuba. Como moito do seu material non pasou a censura burguesa militar recolleu logo en varios libros de ficción as súas experiencias bélicas, algo así como logo fixo Arturo Pérez-Reverte, o que lle valeu un premio Nobel.
Churchill foi á guerra entre o Imperio Británico e uns colonos holandeses de Sudáfrica na Guerra Anglo-Bóer. Alí entrou no negocio dos diamantes e coñeceu a Corto Maltés co cal case consegue ter un affaire sepsuá que como todo bo mozo inglés debe ter con algún outro rapaz mais novo ca el e exótico.
A Primeira Guerra Mundial[editar]

Durante a Bélle Epoque meteuse en política no PP, pero no lado rebelde ao líder do partido co fin de ser el ése líder, obtivo o posto de deputado cunero e algún que outro posto desde onde tentou modernizar Reino Unido mediante o darwinismo social, logo na Primeira Guerra Mundial déuselle o posto mais alto na Mariña, onde logrou grandes reformas como a de traballos forzados en vez de tirar pola pasarela aos amotinados e irlandeses independentistas, así como deixar sen protección convoios de barco aliados para que o inimigo os afundise e así lograr que países neutrais entraran na guerra contra Alemaña, isto fíxo na Primeira e na Segunda Guerra Civil Europea, conseguindo que Estados Unidos de América entrase na guerra. Despois meteuse a carniceiro ao organizar o desembarco de Galípoli, onde fracasou.
Nos tolos anos vinte e os salvaxes anos trinta[editar]
Durante os tolos anos vinte Churchill invadiu Mesopotamia, tentou estrangular a Revolución rusa enviando exércitos brancos contra a URSS na guerra civil rusa e logo axudando a Polonia cando invadiu Ucraína con miles de patacas explosivas, así como enviar vampiros a Irlanda para afundila. Logo provocou a Crise económica de 1929... pero cinco anos antes en Inglaterra! Nos salvaxes anos trinta adulou a Benito Mussolini e pra foder a Chamberlain fundou un programa de radio sobre cotilleos antinazis á vez que defendían ao novo rei británico que era nazi, pero non nazi alemán olliño!
Segunda Guerra Mundial[editar]
Na Segunda Guerra Mundial Churchill consegue o posto de primeiro ministro ao amosarse mais bélico ca ninguén, tras varios contratempos en Finlandia e Noruega, tras ver que os gabachos non fan nada envía un exército a Francia pero teñen que fuxir a Hitler cando invade toda Europa occidental. Churchill nesta guerra fixo moitos discursos, como o discurso "ós corvos da torre de Londres", discurso "aos estudantes homosexuais de Oxford na loita antiimperialistaheteronormativa" e moitos outros que lle gañaron o cariño do pobo mentres Werner von Braun os bombardeaba con cohetes Apollo. Ao conseguir que os USA e URSS lle axudasen Churchill gañou a guerra pero non o querían como presidente asi que o botaron fóra xa que quería manter o neoliberalismo porque era duque.
Segundo mandato (1951-1955)[editar]
Nos anos cincuenta voltou a ser primeiro ministro, provocando a Guerra Fría ao roubar petróleo e democracia a Irán (país veciño ao sur da URSS) e tentar manter o Imperio Británico pra poder vivir ben a conta das outras razas. Así enviou ao avó de Rambo a Kenia a matar independentistas, tal como fixeran en Irlanda, Malasia, etc e púxose a matar independentistas mentres facía propaganda de sí mesmo entre a poboación e seducía aos caciques locais. Tentou entrar na Guerra de Vietnam pero Franco non lle deixou garzas ao pider obtido co santo grial e o brazo pajillero de Santa Nonseiquen.
Legado e morte[editar]
No seu legado destaca o neocolonialismo, así como o conflito de Oriente Medio e a traizón ao pobo árabe. na propia Inglaterra deixou de primeiro ministro ao marido da súa sobriña.
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
- Segunda Guerra Mundial
- Primeira Guerra Mundial
- Guerra Anglo-Bóer
- Adolf Hitler
- Franklin Delano Roosevelt
- Clement Attlee
- Iosif Stalin
- Imperio británico
Primeiro Ministro do Reino Unido ![]() | ||
---|---|---|
Segue a: James Blackadder |
Winston Churchill | Precede a: The Beatles |
Partido Conservador |
- Páxinas con ligazóns a ficheiros rotas
- Segunda Guerra Mundial
- Primeiros ministros do Reino Unido
- Políticos conservadores
- Premio Nobel de Literatura
- Escritores de Inglaterra
- Escritores en lingua inglesa
- Militares do Reino Unido
- Personalidades da historiografía
- Membros da Royal Society
- Correspondentes de guerra
- Artigos que toda Wikipedia debería ter