Xesús de Nazaret
- Este artigo é sobre a figura histórica de Xesús e os seus aspectos biográficos. Para informacións acerca das múltiples versións de Cristo, vexa ese artigo.
Xesús de Nazaret | |
---|---|
![]() Xesús chamando á loita popular. | |
Información | |
Nacemento | -7 ou -4, probablemente no ano O. Belén, Xudea, Imperio Romano |
Falecemento | Páscua de 33 Xerusalén, Xudea, Imperio Romano |
Nacionalidade | Xudía |
Ocupación | Profeta, axitador de masas, predicador e carpinteiro |
Cónxuxe | María Madalena |




Xesús de Nazareth, Cristo, Xesús, o Fillo do Señor, nado en Belén cara ao 6 ou 4 a.C. e finado cara ao 30 d.C. (datas disputadas), foi un nacionalista xudeu (ou sionista marxista) fillo putativo dun carpinteiro e da súa dona (aínda que fontes New Age afirman que era un extra-terrestre vido de Ganímedes a traer mais violencia, destrucción e odio entre os humáns e logo assí escravizalos melhor).
Traxectoria
Xeús nasceu na aldea de Belén (Nazareth nunca existiu que a inventaron os franciscanos e demais monxes que vievn do conto turístico) nunha rexión de Oriente onde non hai petróleo, por orde directa de Deus. recibiu unha esmerada educación xudeapequenoburguesa, tanto que ía ao templo todos os anos a cuspir a súa arrogancia de neno sabelotodo sobre os desmemoriados e alzheimicos sacerdotes do templo de Xerusalén, mentres os anos pasaban meteron a Xesús a adeprender a ler e escrebir pra que tivera un futuro mellor que o dos seus pais, pero deixou os estudos porque se cría millor que os mestres e pensaban que o que ensinaban non lle serviría para nada no futuro, así que o pai o meteu a taballar na carpintería.
E pasaron 5 anos e xesús xa estaba canso de choiar na carpintaría (xa que ó trabalar pra familia apenas cobraba, non tiña vacacións e debía traballar mais e mellor que os contratatdos fora),e con 28 ans quixo voltar estudar, como non sabía moi ben o qué foi á casa dun escriba, que o orientou cara o sacerdocio, único trabalo que lle acaía polo vago que era.
Como daquel aaínda non inventaran os seminarios de cregos tívose que ir formando en varias academias privadas de sacerdotes xuedos, e indo de un a outro rematou por intoxicarse de tanta literatura fantástica (ou metafísica) e virou tolo, indo vivir ao deserto.
Aló no deserto uniuse á secta dos Esenios, sendo discípulo de San Xoán, co cal facían peregrinacións por toda Xudea aproveitándose da Pax Romana, ata o día en que vendo a unha tía cachonda e pija os dous a aquixeron "adoutrinar" e pelexáronse, asi que cada un foise polo seu lado. Xesús rematou no norte de Israel, onde se mezclou no ambiente abertzale do lugar e se radicalizou nas súas ideas nacionalistas.
Grazas a que sabía falar moi ben e convincente rematou por facerse xefe dos abertzales xudeus contra do dominio romano, para poder facer un exército de liberación nacional comezaron a saltar dilixencias e andaban como se foran Venancio das pitas (pero sen repartir o botín cos pobres como o Venan), cos cartos mercaron armas e comezaron a asaltar a algunhas patrullas do exército romano (que vixiában que os Persas non invadiran Israel), xuntando mais armas e militantes ó seu exército rebelde.
Xa feita un exército guerrilleiro do pobo xudeo e armada unha rede de simpatizantes como apoio clandestino organizaron un golpe de estado, irian a xerusalén durante a festa de pascua e aproveitando o xentío matarían á garnición romana, entrarían no templo pechándose dentro e agardarían a que Iavé os axudara a base de enviar raios láser contra os romanos, ou que a poboación civil secundase o movemento de liberación nacional e guerrease contra dos romanos e os colaboracionistas xudeus.
Entraron como os demais peregrinos en xerusalén, mezclados no xentío accederon ao recinto do templo, se conseguer entrar nel, alí comezaron a atacar aos vendedores de animais e cambistas (xa que os peregrinos ían a xerusalén para sacrificar animais a Deus e moitos en vez de ir cargando co animal desde casa pois os mercaban no patio do templo), aproveitando o balbordo e profirindo ameazas contra os colaboracionistas xudeus e contra os españolistas xesús e os seus fuxiron ás aforas de xerusalén, reuníndose tralo acto de kale borroka do templo nas hortas de Getsemaní, ond etiñan previsto reunirse con outros equipos do exército de liberación xudea.
Pero unha vez reunidos foron detectados polas patrullas romanas e os policías do templo, así que fixeron unha carga policial contra dos abertzales xudeus, conseguindo capturar a xesús, mentres os seus seguidores fuxían campo a través; Xesús foi levado ante un tribunal relixioso ou Sanedrín (debido ó delito de blasfemia do templo e das leis de Tolerancia Relixiosa de octubro de 24-5 artigos 3 a 15, así como da lei de odio relixioso de Setembro do ano 5-6, artigos 34 a 59),onde vendo os testimonios confusos das testemuñas se lle tomou declaración e Xesús deu en seguir insultando aos xudeus colaboraconistas e insultando a Deus.
Seguindo o procedemento de enxuizamento de delitos relixiosos, foi levado ante o Gobernador provincial romano (única autoridade que podía castigar en Israel) onde se lle voltou tomar declaración e se lle impuxo a lei de Antiterrorismo, tendo varios días illado a pane auga mentres se reunía un dossier informativo e se agaradaba a que confesase; tras varios días foi levado outra vez ante o xulgado para formar sentencia, Xesús escupiu ó seu avogado de oficio posto polo Imperio Romano ao memso tempo que berraba que él non recoñecía a autoridade romana, o xuiz prosegiu co proceso e xesús foi atopado culpable de enaltecemento do terrorismo, pertenza a banda armada, integración en banda terrorista en calidade de dirixente, asociación de malfeitores, uso de documentación falsa, incitación ao odio relixioso, incitación ao odio étnico, depósito de armas, confiscacción de armas ilegal, secuestro ilegal de persoas, asesinato de gardas romanos (alomenos 28 mortes dolosas).
Tortura e crucifixión
Debido á gravidade dos cargos, á época (que non había mala opinión contra a pena de morte), para apaciguar o ánimo dos peregrinos xudeos e para vingarse dos abertzales xudeus, Xesús foi condeado a morrer crucificado. Sendo executada a sentencia dous días despois nas foras de Xerusalén Este, sufrindo o tormento da cruz durante 5 días nos cales se perseguíu que sufrise o maior tempo posible ao memso tempo que se sucedíans as redadas contras do exército de liberación nacional e se executaban en silencio, xesús durou 5 días na cruz e a tortura non se puido seguir por mais tempo debido a que se lle foi a man ao verdugo.
Legado
Os seguidores que puideron fuxir da lei agocháronse no deserto e coa rede clandestina de simpatizantes, agocharon o seunacionalismo nunha nova secta xudaica inventando o milenarismo (ou medo ao fin do Mundo, excepto si entregas o poder aos que pregonan iso), e deron en chamarse cristiáns; para poder facerse con mais clientes comezaron a inventar unha mitoloxía arredor do líder caído poñéndolle cousas bonitas e crearon o Cristianismo.
O sector intransixente aglutinouse no FPX (Frente Popular de Xudea) que tras varias accións fracasadas escindiuse co FXP (Fronte Xudaica Popular), que multiplicaron por dez a violencia, o que fixo que Roma enviase mais continxentes de lexións á zona culminando nun alzamento de varios nacionalistas que tentaron dar un golpe de estado na cidade de Massada, tras matar a varos centos de xudeos "colaboradores" e a outros po "disidentes" durante os anos 66 a 73, entrando o exército romano en xerusalén e destruindo o templo(tal como xesús quería pra enaltecer aos xudeos). O resultado foron varios miles de mortos, outros escravizados e o resto foron espallados polo Imperio Romano adiante, causando a Diáspora xudea.
Desgalería de retratos dramáticos de Xesús
Moi aínda que exista retratos máis dramáticos como o Santo Sudario e a crucificación feita polas obras de arte sacra e o actor que interpreta Cristo no filme a Paixón de Cristo, ademais das manifestacións LGTB, conseguimos unha desgalería de belas imaxes sobre Xesucristo.
Aínda que según as seitas cristiás dos ebionitas e os bogomilos Xesucristo era o fillo pequeno de Deus Pai, o fillo maior era o Demo...
Véxase tamén
![]() |
UnCommons ten máis contidos multimedia sobre: Xesús de Nazaret |
Outros artigos
|